A historia da Carnicería Ferradás Brués

Sobre Nós

Na Carnicería Ferradás Brués, levamos máis de 30 anos ao teu carón, ofrecendo carne de calidade, servizo próximo e un trato familiar que nos fai únicos. Comezamos esta andaina hai xa 33 anos cun só obxectivo: levar ata os fogares do pobo o mellor da nosa terra.

SERVIZO A DOMICILIO CHAMANDO O 988 285 336,POLO WHATSAAP OU NO ENDEREZO ELECTRÓNICO info@carniceriabrues.es

a nosa historia

Hai 33 anos comezamos esta andaina que pouco a pouco fomos convertendo na nosa vida. vivimos para dar o mellor de nós e o mellor da nosa terra ós nosos clientes, amigos, que veñen a botar un conto, informarse da actualidade e encher a cesta da compra sempre cos productos da nosa terra cun trato amigable e con todos os servizos que poidas precisar para facer que a túa carnicería, esté máis preto de tí.

Comercializamos a carne dos gandeiros de toda a vida, a crianza de sempre, do gandeiro de a pé!

Na Carnicería Ferradás Brués, traballamos con carne procedente dos gandeiros de sempre, crianzas responsables e produtos locais que garantizan sabor e calidade. Apostamos polos produtos galegos, seleccionados con mimo para ofrecerche sempre o mellor.

Emilia Nogueira Diniz

A túa Carniceira de Confianza

33 anos rexentando a tenda do pobo. Pensando e traballando sempre por e para ti.

Servizo a domicilio

Queremos estar preto, mesmo se non podes achegarte. Por iso, ofrecémosche servizo a domicilio, simplemente chamando ao 988 285 336, escribindo por WhatsApp ou ao correo.