Carnicería Ferradás Brués
TENREIRA DE CRIANZA NATURAL 100% GALEGA
Na nosa carnicería atoparás carne fresca de crianza natural, seleccionada dos mellores gandeiros da zona.
Somos especialistas en carne de tenreira, cordeiro e porco, e tamén dispoñemos de produtos típicos para o cocido galego e moito máis.
A túa carnicería de toda a vida en Brués – Ourense
Na nosa carnicería combinamos a tradición familiar coa calidade dos mellores produtos galegos. Somos máis que unha tenda de carne: somos un punto de referencia para quen busca sabor, confianza e un trato próximo.


Carnicería con servizo a domicilio
Co obxectivo de estar máis preto de ti, ofrecemos servizo de carnicería a domicilio en Ourense. Podes facer o teu pedido CHAMANDO O 988 285 336, POLO WHATSAAP OU NO ENDEREZO ELECTRÓNICO e nós encargámonos de preparalo e entregalo comodamente na túa casa ou incluso no coche.

Comprometidos coa calidade e o servizo
A nosa carnicería é o reflexo dunha forma de facer as cousas con agarimo e profesionalidade. Levamos anos servindo aos nosos veciños de Brués e arredores, e seguimos mellorando día a día para ofrecer un servizo completo, cómodo e adaptado aos tempos actuais.

Horario amplo e atención personalizada
Abrimos desde as 8:00h cun horario ininterrompido, para que poidas facer a túa compra no momento que mellor se adapte ao teu día. Ademais, dispoñemos de acceso con rampa para persoas con mobilidade reducida e zona de aparcamento.
Produtos destacados na nosa carnicería
No noso mostrador atoparás:
RABO
Riles
Falda para Churrasco
Folla Blanda Bistec
CROCA
Xarrete
Chuleta de ternera
Cordeiro
Todo para o cocido galego
Na nosa carnicería atoparás todos os ingredientes frescos e de calidade para preparar un cocido galego como os de antes. Desde a cachucha, os óso salgado, os chourizos caseiros, ata a carne de tenreira e porco, todo o necesario está dispoñible no noso mostrador.
Confía en nós para conseguir un cocido saboroso, completo e feito co mellor produto local.
A VOZ DOS CLIENTES



